Registro Presencia é a solución, permítelle ao Concello rexistrar a Xornada Laboral de todos os seus traballadores con calquera dispositivo que teña conexión a Internet: ordenador, teléfono móbil, etc.
Facilítalle a xestión das vacacións, incidencias, quendas de traballo, etc..
Desde 0,90 € / empregado por mes
CONTROLE EN TEMPO REAL AS HORAS TRABALLADAS
Poderá consultar en todo momento e desde calquera parte todas as marcaxes e horas traballadas de todos os empregados do concello, individualmente ou por grupos de traballo. Dispón ademais dunha completa serie de filtros de procura que lle permitirán extraer ou exportar toda a información que necesite, por anos, meses, semanas, por días, etc.
ORGANICE E XESTIONE VACACIÓNS, PERMISOS, INCIDENCIAS…
Registro Presencia permítelle planificar e organizar as vacacións dos seus empregados, levar unha precisa xestión dos días de vacacións, permisos, incidencias, atrasos e baixas do ano en curso e do ano anterior. Poderá definir por cada empregado os días de vacacións, días de permiso e mesmo horas que lle corresponden por convenio.
TODO DESDE UNHA INTERFACE DE CALENDARIO FÁCIL DE USAR
De maneira simple e moi áxil, cada responsable de departamento poderá en todo momento modificar en tempo real as quendas dos seus empregados moi comodamente e sen perder detalle de se están cubertos ou non. Todo nun clic! A Xestión de Horarios é cousa de “coser e cantar”.
SEN CONTACTO! HIXIÉNICO E 100% SEGURO
Opcionalmente dispoñemos de equipos físicos de marcaxe/ biométricos, 100% seguros e hixiénicos que reportan en tempo real as horas de traballo dos seus empregados.
Non hai que instalar ningún programa adicional en ningún equipo.